Cos despedimentos nas campañas de ONO, a ameaza que pesa sobre as de ya.com e os primeiros xuizos no caso de Atento Telefónica, fica máis que demostrado que a deslocalización é un problema sectorial e non dunha empresa en concreto. 

Entre 2006 e 2007 producíronse máis de 3000 despedimentos no sector. A campaña de Jazztel na Coruña e Madrid despediu a máis de 800 traballadores de Emergia, Stream, Teleperformance e AGM. O mesmo sucedeu en Asturias, onde desapareceron 252 postos de traballo na campaña de Amena de Teletech. ONO trasladou o seu servizo a Chile, despedindo a 472 traballadores de Sevilla, Barcelona, Lugo, Vigo e Madrid. Porén a cifra máis sorprendente está en Telefónica- Atento (1004, Móviles…) sumando dende 2006 máis de 1.600 despedimentos na Coruña, Valencia, Córdoba, Sevilla, Madrid, Barcelona, Cáceres…            

A Coordinadora Unitaria de Traballadores do Telemarketing ven denunciando e mobilizándose dende o xullo do ano pasado e apoiando as mobilizacións que levarón os traballadores de A Coruña e do resto de estado contra os despedimentos e as deslocalizacións do sector. A situación non mudou si pola contra as empresas seguen a despedir a traballadores pechando nalgunhas cidades do estado español abrendo noutras o deslocalizando a outros países de America Latina ou África.             

Ante esta situación a mobilización ten que continuar, os primerios xuizos dos despedidos no mes de marzo xa se están a celebrar e o resultado deles é ESENCIAL, por iso é necesario a unidade de todos os sindicatos convocando asambleas onde os traballadores sexan informados, escoitados e podan propoñer, debater e votar un plan de mobilizacións unitario para presionar aos xuíces e obrigar á empresa a readmisión dos traballadores despedidos. Este plan de mobilizacións unitario ten que ter unha continuidade que rache coas deslocalizacións e os despedimentos do sector, pois os problemas non so están a producirse en Atento, isto afecta ao conxunto do sector.            

As deslocalizacións están afectando a máis empresas, non só ao telemarketing, senon tamén aos traballadores de DELPHI, A Toxa, etc, é un problema importante por elo é máis necesario que nunca un plan unitario estatal de mobilizacións contra os despidos e as deslocalizacións.              

A Coordinadora Unitaria de Traballadores do Telemarketing apoia todas as mobilizacións unitarias que levan ao conxunto dos traballadores a loitar sexan do sector que sexan e que apunten neste senso.  

POLA READMISIÓN DOS DESPEDIDOS           

NON AS DESLOCALIZACIÓNS            

POR UN PLAN DE LOITA UNITARIO.