Ola a Tod@s

Recordade que seguen as mobilizacións en ATENTO.
O luns 2 de xullo celébrase o xuizo polos despedimentos d@s nos@s afiliad@s.  Ese mesmo día haberá un paro na empresa para que tod@s poidan asistir e acompañar ás/aos compañeir@s despedid@s.
A mobilización consistirá en sair desde a sede da empresa(juán Florez) ás 10.00 andando até o xulgado, concentrarse na porta do mesmo ate o comezo do xuizo, para que despois, quen queira poida asistir ao mesmo como público.
 Sabemos que o día non é moi bon e que moitos de vós xa teredes iniciadas as vacacións pero pedimosvos encarecidamente que fagades o posible por asistir, especialmente @s delegad@s. @s afiliad@s despedid@s teñen que notar a presenza e o apoio da CIG neste momento tan crucial.
Saúde