Lun 2 Jul 2007
Ante os despedimentos e as deslocalizacions no telemarketing
Posted by Colabora under deslocalizacion, ONO, orange, Coordinadora, Atento, Despidos Jazztel
A Coordinadora Unitaria de Traballadores do Telemarketing considera esencial a unión do sector.
A Coordinadora Unitaria de Traballadores do Telemarketing considera esencial a unión do sector.
Vistos os acontecementos do último ano e cando está a piques de celebrarse o aniversario dos despedimentos de Jazztel, cómpre a unificación das mobilizacións. Xa se celebraron tres xuízos dos despedidos de Atento en Coruña, e aínda quedan os que afectan a mais xente, para os primeiros días de xullo: 2, 3, 4 e 5, rematando o día 9 o último.
A empresa ratifícase nos motivos para despedir aos 179 traballadores na Coruña, baixo o artigo 17 do Convenio Colectivo, tentando amosar que baixaron as chamadas en Atento dende marzo do 2006, mentres que Telefónica contratou outras compañías. Nos xuizos quedou demostrado que Atento non ten baixadas de chamadas, senón que abre outros centros de traballo como son os de León e Xáen con subvencións da Xunta de Andalucía e Castela e a Mancha, desempeñando os mesmos servizos. Tampouco recoñece a antigüidade dos traballadores, tendo en conta que moitos deles levan na empresa dende 2004, con contratos por circunstancias sen os 20 días que establece a lei para que estes non sexan contratos encadeados.
Isto é unha absoluta falsidade que se reflicte nos argumentos da empresa e por elo nos ratificamos na nulidade dos despedimentos e pola readmisión dos despedidos.
O comité de empresa ten un calendario de mobilizacións que coincide cos xuízos e paros algúns días. Nós, dende a Coordinadora, apoiamos devanditas mobilizacións que (o calendario está visible nas páxinas dos sindicatos que compoñen o Comité de Empresa) pero insistimos en que é preciso e imprescindible que os traballadores do conxunto do sector do telemarketing vaian ás mobilizacións e que acudan aos xuízos.
Do arroupamento e da solidariedade que se manifeste nos xuizos dependerá o resultado dos mesmos. Por iso convidamos a todos os traballadores, non só os de Atento senón tamén aos de TELEPERFORMANCE, EUROCEN, STREAM, R, GESTIÓN C, SYKES, etc., pois a loita dos traballadores no so está a expensas que din os Xuíces: TAMÉN ESTÁ NA RÚA.
Coordinadora Unitaria Traballadores do Telemarketing
Xuño 2007
