Son xa varias as sentenzas que veñen de darlle a razón aos traballadores da delegación de Atento na Coruña que demandaron á filial de Telefónica por considerar os seus despidos improcedentes. Os sindicatos CCOO e CIG teñen comunicado os dictámenes positivos dos xuízos interpostos á empresa.

XORNAL I A Coruña .- Unha parte dos despedimentos de preto de douscentos traballadores que a compañía realizou no seu callcenter de A Coruña, xa teñen sido considerados improcedentes. Atento argumentaba que as finalizacións de contrato viñan dadas por un descenso nas chamadas que recibía esta plataforma no seu servizo de atención comercial ao cliente de Telefónica de España (1004). Varios fallos dos tribunais laborais veñen de determinar que ese descenso do volume de traballo non está debidamente xustificado. Como consecuencia considéranse os despidos como improcedentes.

Un despido improcedente obriga á empresa a decidir entre a readmisión do empregado despedido ou ben indemnizalo a razón de 45 días por ano traballado. En calquera dos dous casos, a compañía deberá pagarlle aos afectados os chamados salarios de tramitación, é dicir, o soldo correspondente ao periodo que vai dende o despido á notificación da sentenza.

A principios de xullo Comisións Obreiras (CCOO) informaba de que “no xuízo contra empresa Atento polos despedimentos que realizou en marzo. A sentenza non considera probada a caída de actividade, e polo tanto asegura que non existe causa para a finalización de contrato por fin de obra”. Segundo informa na súa web CCOO, “ademais, no fallo recóllese que presumiblemente os contratos foran realizados no seu día en fraude de lei, pois sobrepasaban os límites temporais que determinaba o propio convenio”. Agora é a Conferederación Intersindical Galega (CIG) a que anuncia unha sentenza similar para 26 traballadores representandos ante a autoridade laboral por este sindicato. Publica a CIG no seu sitio web que o Xulgado do Social nº 1 de A Coruña “recoñece a improcedencia dos despedimentos”. Tamén neste caso a CIG explica que o fallo xudicial considera que a situación contractual destes empregados “é fraudulenta ao entender que son persoal indefinido e non persoal contratado por obra, tal como estaban en Atento antes do seu despedimento”.

A sentenza que afecta aos afiliados á CIG recoñece, segundo informa este sindicato “a antigüidade da maioría destes empregados desde a data da sinatura do primeiro contrato”. Lembran dende o sindicato nacionalista que Atento “indemnizara até o momento as persoas despedidas con tan só 8 días por ano traballado, ao considerar que os despedimentos se deben a unha redución de obra por diminución do volume de chamadas. Esta argumentación da empresa foi rexeitada pola Xustiza valéndose dun informe da Inspección de Traballo, que indica que mentres en A Coruña se despedía xente no 1004, este servizo de atención ao cliente se reforzaba con máis contratacións de persoal nos centros de traballo de Atento en Jaén e León”.

  • Seguen os despidos noutros centros de Atento

    A CIG anuncia que estuda “recorrer esta sentenza para que se recoñeza a nulidade destes 26 despedimentos”. A central nacionalista, ao mesmo tempo, reitera a súa “preocupación acerca da continuidade a curto prazo de Atento na cidade de A Coruña. Estes temores vense acrecentados polos novos despedimentos no servizo do 1004 noutros centros de traballo do Estado, como o de Valencia, onde se comunicaron recentemente 25 despedimentos máis”, segundo explican dende a CIG.

  • Fuente: Xornal