O GORDO DE NADAL

este ano o número agraciado foi o “1004” . O  premio ascende a:  traslado a Xaen ou 20 días por ano traballado  Este é o titular estos días en Atento Sevilla Indotorre, e os “afortunados” son 230 compañeiros e compañeiras do servizo 1004 de Telefónica desta plataforma. 

Marabillosas” as Festas do Nadal que poden pasar as nosas compañeiras grazas a nosa “excelentisima” empresa, a cal ten a consideración de ofrecerlles un traslado a terra dos olivos, “que por estas terras se reciben moitas subvencións…..”, en vez de despedilos. E nós pensando que o facían para non ter que volver enfrontar os contiosos custos xudiciais de 45 días por ano traballado. Din que unha para aprender e outra para saber, pois non vamos a permitirlle a Atento aplicar esta vez o dito. A empresa procurou unha nova estratexia para reducir os postos de traballo en Sevilla (mobilidade xeográfica), despois de que as súas técnicas fraudulentas (redución de obra) fracasaran hai oito meses en Coruña, Córdoba e Valencia, grazas á unidade na loita de todos os traballadores de Atento, e esta vez tamén lle vai saír cara a troula. Nos tamén aprendemos, e non o dubidamos, a única resposta ante os despedimentos e a loita e unidade pero…E agora que…? Non temos que agardar a que os compañeiros reciban a carta de despido para a mobilización e a solidariedade, temos que facelo antes para poder evitalas. Sevilla apoiou a Valencia, Córdoba e A Coruña cando foron os despedimentos de marzo, agora é o momento de facer o mesmo, responder coa mesma moeda e amosarlle á empresa que os traballadores somos un, e que temos que estar mais unidos que nunca loitando polo mesmo, un posto de traballo digno e estable.  

A Coordinadora Unitaria de Traballadores do Telemarketing leva dende o verán do 2006 denunciando e loitando contra as deslocalizacións e contra os despedimentos, impulsando  a unidade do todo o telemarketing e apoiando as mobilizacións que se fixeron.  Agora non vai ser menos e por iso plantexamos:·         A solidariedade cos nosos compañeiros de Sevilla. ·         A unidade sindical e dos traballadores a nivel estatal e de todo o sector para paralizar as políticas de deslocalización. ·         Asembleas decisorias onde traballadoras e traballadores aproben un plan de mobilizacións que rexeite o traslado dos compañeiros a Xáen. ·         O traslado á terra dos olivos ou a indemnización non son unha opción, esta loita ten que reclamar que os postos de traballado fiquen en Sevilla. ·         A paralización das negociacións do convenio: non se pode estar  a negociar mentres a patronal ameaza coa chantaxe dos despedimentos e as deslocalizacións. Hoxe por min, mañán por  ti  NON Á DESLOCALIZACIÓN DO TELEMARKETINGNON MÁIS DESPIDOS EN ATENTO Coordinadora Unitaria de Traballadores do TelemarketingNovembro 2007