COMUNICADO DA COORDINADORA DE TRABALLADORES DO TELEMARKETING

 

ANTE A FOLGA DO 21D

 

O sector do telemarketing, a nivel estatal, respondeu á convocatoria de folga do día 21 de decembro por CGT e a CIG, contra as ameazas constantes de deslocalizacion (Eurocen, Atento, Bosch, Unisono, etc.) e a precariedade, que atinxe o conxunto dos cadros de persoal.

 

Esta folga, ainda que xusta polas súas exixencias, chega un pouco tarde, xa que dende o veran do ano pasado, cos despedimentos dos compañeiros de Jazztel, na Coruña, Movistar en Sevilla, 1004 en Barcelona… xa comezaba a existir razóns suficientes para unha folga estatal…

 

No mes de Marzo, cando as traballadoras de Atento saíron a rúa pola readmisión, tamen era posible, bó momento e precisa a convocatoria dun plan de loita que chamara a unidade  de todo o sector para derrotar os planos de patronal, inda sí…

 

Por último, ao longo de todo o ano negociaron o convenio colectivo, coa discusión sobre o xa famoso e irrisorio artigo 17, agora asinado ás presas polas direccións de CCOO e UXT, que non só manten ese artigo, senon que o estende aos indefinidos a troques dunha suba insignificante nos salarios e as indemnizacions, esperando a convocar a folga a dous días antes da sinatura….

 

E por fin, cando todos estos conflitos “remataron” (por desgraza isto inda non vai quedar aquí), convocase ao sector a loita contra as deslocalizacions e a precariedade. Agora, en frio, chamase aos traballadores e as traballadoras a loita unida do sector.

 

É loxico que as desconfianzas sexan a norma: ¿porqué non se convocou o ano pasado?, ¿porqué non se convocou cando as traballadoras de Atento estaban na rúa?, ¿porqué non se convocou ao sector contra un convenio que agora esta asinado?.

 Dende a Coodinadora de Traballadores do Telemarketing, que dende o principio, vimos insistindo na necesidade da unidade na mobilizacion, non podemos por menos que dicir: por fin. 

Mais, isto non basta. Se non se fai un plano de loita, un día de folga contra esas agresions é un saúdo a bandeira; un plano non ten porque ser “folga”, hai moitas maneiras de loitar sen queimar a ferramenta máis forte que temos os traballadores, hai outras opcións que antes deberían discutirse en asambleas de centros de traballo (onde os traballadores teñan voz e voto e presenten as súas propostas), e que de continuidade á mobilizacion, ata conquerir unha lei do goberno e a Administración prohiba as deslocalizacions e a precariedade.

 

Un plano que busque a unidade con outros sectores e empresas ameazadas polas deslocalizacions e a precariedade.  Estos son dous males que non só afectan ao noso sector, senon a maioria da poboacion traballadora, polo que a unidade de todos ten que ser o obxectivo.  A folga deste 21 só servirá para algo se se inscribe neste plano.

  

Coordinadora Unitaria de Traballadores do Telemarketing

Nadal 2007