Comunicado diante da folga de Atento

As centrais sindicais maioritarias en Atento Coruña, UXT, CIG e CCOO veñen de convocar un dia de folga para o 26 de decembro en protesta polos despidos e os traslados a Leon, e “por un plan industrial e carga de traballo” para o centro de A Coruña. Unha folga convocada 10 dias depois de que a empresa fixera efetivos os despidos e os traslados.

Atento bem pode estar contenta. Os sindicatos maioritarios levantaron as mobilizacions previstas para decembro, antes da aprobacion do plan da empresa; e cando xá non há nada que facer, convocan á mobilizacion. Unha mobilizacion nun dia no que a maioria do cadro de persoal non traballa. Para quén convocan á folga 26D? Se non é para lavar a cara do que fixeron o longo deste mês, levantando as mobilizacions, negociando côa empresa mentras os traballadores e traballadoras pedían sair á rua.

Atento bem pode estar contenta, porque rompeu a unidade acadada em marzo do ano pasado, cando despediron a 200 traballadoras. A empresa véu como a resposta foi a da loita unida do persoal e os sindicatos, a redor do seu Comité. Hoxe a división é a norma: a empresa conseguiu o “salvese quen poda”, división entre os traballadores e traballadores, division no comitê e entre os sindicatos.

Da mesma maneira que non é de recibo convocar folgas para “protestar” por uns despidos e uns traslados que xá son um feito, non se pode convocar á mobilizacion para exixir um “plan industrial” em abstracto, cando é publico que esse plan existe.

Atento bem pode estar contenta, pois a proposta dos sindicatos maioritarios agacha que tem um “plan industrial” máis que evidente: A DESLOCALIZACION E OS DESPIDOS MASIVOS. Se a unidade do ano pasado conseguiu frealo, côa division, a empresa síntese côa forza suficiente  para levalo adiante, do que os 84 despidos e os traslados foi unha parte.

Porén é necesario reconstruir a unidade dos traballadores e as traballadoras, demostrando, primeiro, a solidariedade total cos despedidos nos seus xuizos, acudindo as vistas xudiciais. E o eixo da loita é o de evitar o “plan industrial”, a deslocalizacion. É necesario preparar um plan de mobilizacions na rua a partir de xaneiro.

A folga do dia 26 non é um paso adiante nesse camiño, senon unha medida que só desgasta a mellor ferramenta que temos os traballadores e as traballadoras contra a empresa. O 26D é um paso atrás que non se pode apoiar.

Tanto as medidas de loita como as negociacions teñen que ser acordadas em asembleas de traballadores e traballadoras, absolutamente decisórias. Son eles os obxectivos dos ataques, e son eles os únicos que podem frear a empresa, e se as direccions sindicais non son capaces de facelo, os traballadores e as traballadoras teran que organizarse para facelo.

A Coruña, 23 de decembro de 2008